Apartamento con encanto situado en fronte á praia da Torre de San Sadurniño no municipio de Cambados, provincia de Pontevedra. Decorado con moito estilo, coidando ata o último detalle, para que se sinta como na súa propia casa.
O apartamento dispón un dormitorio con cama de 1.50 m, (tamén se lle pode brindar a posibilidade dunha cama supletoria) salón acolledor con TV, cociña totalmente equipada, con lavalouza, microondas, placa vitrocerámica, neveira, frigorífico, etc. E para o seu desfrute e comodidade unha terraza de 45 metros, e unha praza garaxe á súa disposición sen custo adicional. O apartamento dispón de calefacción en toda a propiedade.
Descobre todo o que Cambados e Galicia ten para ti.
#DAMEGALICIA
Apartamento enteiro
Apartamento enteiro
Cociña
Cociña
Wi/Fi
Wi/Fi
TV
TV
Calefacción
Calefacción
Lavadora
Lavadora
Terraza
Terraza
Praza de garaxe
Praza de garaxe
A Torre de San Sadurniño encóntrase no barrio mariñeiro de SantoTomé, no concello de Cambados, nunha pequena illa chamada “A Figueira“, estes son os restos da torre dunha fortaleza medieval. Desta marabillosa Torre só quedan en pé dous muro e está comunicada co pobo por un estreito e longa ponte de 170 metros.
A Praza de Fefiñáns está formada polo Pazo de Fefiñáns, o arco-ponte, a atalaia Torre da Homenaxe, e pola Igrexa de San Benito, sendo un dos conxuntos arquitectónicos máis belos e admirados de Galicia. Antigamente era coñecida como a Praza do mercado, pois alí era onde se celebraba semanalmente.
A Igrexa de Santa Mariña Dozo foi construída no século XV por encarga da señora da vila, María Ulloa, sobre unha ermida románica do século XII.
No século XIX foi abandonada e hoxe en día só quedan as ruínas do que foi a Igrexa parroquial con grandes arcadas transversais e cinco capelas laterais. O seu estilo arquitectónico gótico mariñeiro, con relevos con forma de bólas sobre os arcos, a sancristía e o altar maior, onde está situada a imaxe dun Cristo crucificado.